Home Programas Área Compostela Compostela enche de actividades o 17 de maio

Compostela enche de actividades o 17 de maio

0
Compostela enche de actividades o 17 de maio

Compostela súmase outro ano máis ao Día das Letras Galegas que este ano homenaxea a figura de Carlos Casares. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, explicou en rolda de prensa que o concello aproveitará a ocasión para reivindicar a relación que tivo Casares coa cidade.

Martiño Noriega, na comparecencia diante os medios, informou dos actos previstos para estas Letras Galegas nos que participan varios departamentos do Goberno municipal.

A programación das Letras Galegas 2017 ten o seu complemento con actividades como o concurso Youtubeir@s, a iniciativa O Conto Viaxeiro a Regueifesta do 12 de maio ou o certame Fotolingua.