A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, informou en rolda de prensa sobre a campaña “Compostela en negro” que se desenvolverá con motivo do Día Internacional da Eliminación da violencia de xénero contra as mulleres. Esta campaña, na que participan 16 concellos de toda Galiza, vaise desenvolver entre o 18 e o 28 de novembro.
A concelleira explicou que xa comezaron as inscricións de comercios, establecementos e axentes sociais para participar nesta campaña. Polo de agora, xa se adheriron á campaña 400 establecementos
Marta Lois explicou tamén que recunca na súa participación nesta campaña o Festival Cineuropa, cunha programación especial sobre esta problemática o 25 de novembro. Ademais anunciou a participación de voluntariado da USC.