Home Programas Área Compostela Compostela elixirá entre máis de 200 propostas para os orzamentos participativos

Compostela elixirá entre máis de 200 propostas para os orzamentos participativos

0
Compostela elixirá entre máis de 200 propostas para os orzamentos participativos

Comezan artellarse os orzamentos participativos do Concello de Santiago de cara ao ano 2019. Un total de 241 propostas superan a primeira “criba” e pasan a seguinte fase de votación. Recibíronse iniciativas nas cinco áreas deseñadas: ámbito municipal, mocidade, Festas do Apóstolo, medio rural e territorio urbano. Foron desbotadas 95 propostas ao non cumpriren os requisitos.

Fase de apoios

Dende hoxe mesmo até o vindeiro 27 de xullo, a cidadanía deberá agora dotar ás diferentes propostas dos apoios necesarios para pasar á votación final, que se celebrará en setembro.

Só poderán superar esta rolda 20 de cada área. Con todo, alén de obter o número suficiente de apoios, dende o Pazo de Raxoi lembran que deberán ser avaliadas polo persoal técnico do Concello, “que determinará a súa viabilidade e custe antes de facerse pública a lista final de propostas a votar”.