Home Programas Área Compostela Compostela e Santiso celebran este sábado o Día Europeo da Música

Compostela e Santiso celebran este sábado o Día Europeo da Música

0
Compostela e Santiso celebran este sábado o Día Europeo da Música

Os concellos de Santiago de Compostela e Santiso suman esforzos para conmemorar unha nova edición do Día Europeo da Música. As protagonistas deste evento serán a Escola Municipal de Música da capital galega e a Banda de Música de Visantoña, unha entidade centenaria cunha longa tradición no país. O director da Banda de Visantoña, Iván Pantín, valora a colaboración entre ambas institucións, xa que Compostela supón unha “suba de nivel” para as e os músicos de Santiso.

O acto, no que participan outras bandas convidadas, comezará ás 19.00 horas en dous escenarios: a praza das Praterías e a do Toural. Cara ás 20.30h producirase en Praterías o “prato forte” desta xornada, cunha concentración de bandas na que se entoarán o himno galego e o himno da Alegría de Beethoven.