Talentia é un evento que pretende a inserción do talento e a dinamización do emprego, promovido pola área de Emprego do Concello de Santiago. O foro do ano pasado tivo un gran éxito, Talentia 2018 congregou máis de 3.500 persoas ao longo dos dous días que estivo no Pazo de Congresos. Por iso, e porque é unha idea innovadora e funcional, o Concello de Santiago anunciou o Plan Estratéxico Talentia 2019-2021.
“Qué queremos conseguir?”, explica o alcalde, Martiño Noriega, “Fundamentalmente dúas cuestións, captación de recursos e xeración de sinerxias“. Por isto, durante os tres próximos anos poderemos ver as tres etapas do Plan, que van desde a celebración doutro foro o próximo outubro, á exportación da idea ao resto do estado sen perder a súa compostelana.