O Concello de Santiago presentou este luns a convocatoria de bolsas municipais para os servizos de comedor, material escolar e actividades extraescolares de cara ao vindeiro curso. Nesta ocasión, o Goberno local bate o récord orzamentario da cidade neste senso, destinando unha contía total de 586.000 euros para este fin.
Máis orzamento e trámites simplificados
Poderemos atender todas as demandas existentes e atender algunhas novas
Este ano, as bolsas de comedor escolar dividiranse en dous modalidades: escaseza económica e conciliación familiar. Así e todo, a concelleira de Políticas Sociais considera que este é o proxecto “máis importante” do seu departamento, xa que permitirá a toda a cidadanía acadar a “igualdade de oportunidades” no eido educativo.
O prazo de solicitude das bolsas iniciarase ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. O Concello salienta a “simplificación” dos trámites, xa que será preciso entregar menos documentación que en ocasións anteriores.