Compostela destina 30.000 euros á subvención de proxectos a prol da igualdade

O prazo para presentar propostas remata o 10 de agosto, e a tramitación das mesmas será en réxime de concorrencia competitiva

As subvencións en materia de igualdade de Santiago medran ano tras ano. A concelleira de Igualdade, Marta Lois, deu conta esta mañá dunha nova convocatoria de subvencións para o fomento de programas en prol da igualdade entre homes e mulleres e as persoas do colectivo LGTBIQ así como tamén para actividades de prevención e loita contra as violencias machistas.

Tal e como explicou a edil de igualdade, a diferenza en relación ao ano pasado é de 2.500 euros e de 7.500 en relación ao 2016. Deste xeito, durante este ano poderase subvencionar o 100% do proxecto que presenten as entidades sempre e cando non se supere o límite máximo desta convocatoria, que está en 3.000 euros por asociación.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

As bases

Haberá tres liñas de actuacióne e, ao igual que en anos anteriores, esta convocatoria contará con tres liñas fundamentais: a primeira para acadar a igualdade efectiva entre homes e mulleres, a segunda para fomentar a igualdade efectiva das persoas LGTBIQ do Concello e a terceira para previr as violencias machistas

Consulta as bases premendo na imaxe
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -