Compostela creará un centro tecnolóxico para fomentar o emprego de calidade

Trátase dunha proposta incluída no plan ReVive-EDUSI Santiago, para a cal se destinarán máis de 300.000 euros

A Xunta de Goberno de Santiago de Compostela aprobou este venres a creación dun Centro de Excelencia Tecnolóxica de Emprego e Crecemento —CETEC—, un espazo que ten como obxectivo principal o fomento da creación de emprego “estable” e “de calidade”. Esta proposta enmárcase dentro do programa de fondos europeos ReVive-EDUSI Santiago, para o cal se empregarán arredor de 320.000 euros.

- Publicidade -

Intensificar a colaboración coas entidades vinculadas ao ámbito laboral, tamén a Universidade de Santiago

Por outra banda, a alcaldesa accidental fixo tamén unha valoración da partida que a Xunta destinará este ano para o financiamento do Estatuto de Capitalidade: 2’32 millóns de euros, a mesma cantidade dende o ano 2014. Para Rozas, esta contía é “insuficiente” para cubrir os custos que lle supón ao Concello esta cuestión.

Outros acordos

Noutra orde de asuntos, Raxoi aprobou tamén a convocatoria para a concesión de “bolsas comedor”, material escolar e actividades extraescolares. Este ano, o Concello de Santiago bate o seu récord histórico, destinando un total de 575.000 euros.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego