Home Programas Área Compostela Compostela continúa fomentando o consumo de auga da billa

Compostela continúa fomentando o consumo de auga da billa

0
Compostela continúa fomentando o consumo de auga da billa

O Concello e a Asociación Hostalería Compostela asinan un convenio para instar aos locais de restauración a ofrecer ás e os clientes o consumo da auga da billa.

Calidade

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia explicou que o convenio pretende “animar os establecementos de restauración, preferiblemente os que sirvan menú do día, a ofertar auga da billa para acompañar os xantares ou as ceas”. Para iso, o Concello repartirá as necesarias xerras co logo do programa. Xan Duro incidiu en que “esta práctica, que pode resultar novidosa en Compostela, leva anos funcionando con éxito en cidades de todo o mundo como París ou Nova York”.

O edil salientou que “en Santiago temos unha auga da billa de moi boa calidade”. De feito, a auga da traída de Compostela conta coa certificación ISO 22000 de seguridade alimentaria e control da inocuidade da auga potable, un recoñecemento implantado nas industrias alimentarias de referencia que se comezou a introducir tamén nalgúns abastecementos de auga de consumo humano. Ademais, estudos feitos en laboratorio sinalan que a auga da billa de Santiago ten niveis de calidade idénticos aos da auga embotellada, cun grao de mineralización débil, niveis intermedios de PH e baixo contido en sodio.