Home Programas Área Compostela Compostela conmemorará o Día Internacional dos Bosques

Compostela conmemorará o Día Internacional dos Bosques

0
Compostela conmemorará o Día Internacional dos Bosques

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, anunciou en rolda de prensa no Pazo de Raxoi que o Concello está a preparar actividades coas que lembrar o Día Internacional dos Bosques, que se conmemora o 21 de marzo.


Na comparecencia estivo acompañado por María Pose, coordinadora dos Locais Socioculturais do Rural; Irene Bastino, do Centro de Interpretación Ambiental de Belvís; Jorge Pérez e Luis Incera, de Ferrovial, e Mabel Fraga, directora do Museo de Historia Natural. O Centro de Interpretación Ambiental de Belvís realizará un roteiro por este motivo o día 18 de marzo. Os centros socioculturais tamén desenvolverán actividades de homenaxe ás árbores, como elaboración de murais, tarxetas e diversas manualidades.

O Museo de Historia Natural organiza un percorrido interpretativo polo Parque de Vista Alegre e os obradoiros do propio Museo. A empresa concesionaria do mantemento de parques e xardíns, Ferrovial, tamén participará con charlas e visitas ao Centro de Interpretación de Parques e Xardíns, situado tamén no parque de Belvís.