O Concello de Santiago volve amosar o seu compromiso co “universo literario” que envolve á cidade. Durante o que resta do mes de maio, desenvolveranse diferentes accións para conmemorar as Letras Galegas. No tocante ao público infantil, cómpre salientar as actividades de animación á lectura que se celebrarán nos centros socioculturais da localidade.
Roteiros literarios
Asemade, ao longo desta semana realizaranse tres roteiros que farán unha “lembranza histórica” das persoas homenaxeadas neste día dende a súa primeira edición, en 1963. A participación será de balde, e o guía, Óscar Senra, fará especial fincapé naquelas autoras e autores nados en Compostela. Por outra banda, o Concello convida a visitar o “xardín das pedras que falan”, un proxecto literario do escritor Suso de Toro que foi inaugurado o pasado luns.