Home Programas Área Compostela Compostela conmemora a ‘Revolução dos Cravos’

Compostela conmemora a ‘Revolução dos Cravos’

0
Compostela conmemora a ‘Revolução dos Cravos’

O “Grândola, Vila Morena” do Zeca Afonso soou por vez primeira ante o edificio do Burgo das Nacións, un fito histórico que vencella dun xeito especial á cidade compostelá e a coñecida como ‘Revolução dos Cravos’. Unha cidade na que sempre se celebrou dun xeito especial o 25 de abril

No ano 1974, o pobo portugués saíu ás rúas, con caraveis como única arma, para forzar a fin da ditadura que Salazar comezara catro décadas atrás. Agora, en Compostela haberá cinema, coloquios, exposicións e música lembrar este acontecemento histórico.

Galiza com o 25 de abril sempre: a segunda gran actividade da AJA-Galiza

Programa completo de actividades

Para conmemorar este día, o Concello dispón un amplo programa de actividades para toda a semana en colaboración co Núcleo Galiza da Associação José Afonso. Haberá unha palestra sobre a devandita data este martes na Facultade de Historia e, o propio mércores 25 de abril, haberá unha Ruada do Grândola que comezará ás 21.00 horas na praza de Cervantes.

Así e todo, o sábado, tamén na Praza de Cervantes, celebrarase o concerto de cancións protesta “Abril, sempre”, que correrá a conta dos artistas portugueses Manuel Esse ‘Trío’ e Manuel Teixeira & Antonio Rosa.