Lorca aínda non decidira ser poeta. Era 1916 e chegou por primeira vez a Galicia. Pouca xente coñece a relación do poeta con Compostela. Daquela, con 18 anos, quedou namorado da capital galega. Abraiado trala súa viaxe a Galicia, decide ser poeta.
Galicia e, nomeadamente, Compostela, teñen unha débeda pendente co poeta
Neste 2018 cúmprense 120 anos do nacemento do escritor e cen anos do seu primeiro libro, Impresiones y paisajes e; por iso, desde o Concello de Santiago toman a iniciativa da declaración do 25 de outubro como ‘Día de García Lorca en Galicia’ tras unha campaña iniciada pola Editora Alvarellos e, nomeadamente, polo seu director, Henrique Alvarellos que quixo resaltar que Compostela é a cidade “máis lorquiana en Galicia”.
Galicia sempre estivo na poesía de Lorca
Lorca, quizais un dos poetas máis grandes de todos os tempos, decidíu escribir na nosa lingua. Coñeceu a poesía de Rosalía de Castro e publicou Os Seis Poemas Galego; a publicación en galego con maior proxección internacional. “Llevo a Galicia en el corazón” chegou a recoñecer nunha entrevista en 1933. Unha declaración de amor por unha terra e por unha cultura.
O Concello vén de editar unha unidade didáctica sobre a relación de Federico García Lorca e que distribuirá no conxunto de centros de ensino da cidade. As poucas fotografías do poeta en Galicia están presentes neste documento pensado especialmente para rapaces e rapazas de Secundaria e Bacharelato e nel reflexa as vivenzas e sensacións do autor tralas súas visitas ao noso país así como tamén, entre outras cousas, a súa relación con Ánxel Casal; o alcalde/editor que publicara os poemas galegos de Lorca: “Unidos por unha idea común e unidos tamén por unha traxedia final”
Descarga aquí a unidade didáctica realizada para esta ocasión
Fillo adoptivo de Compostela
Aínda que é andaluz de nacemento, a vinculación de Federico García Lorca coa cidade de Compostela fíxolle merecedor do recoñecemento como fillo adoptivo. En Xullo de 2018, o Pleno da Corporación de Santiago de Compostela acordou o nomeamento de Federico García Lorca como fillo adoptivo de Compostela.