Home Programas Área Compostela Compostela celebra o Día Mundial da Diabete

Compostela celebra o Día Mundial da Diabete

0
Compostela celebra o Día Mundial da Diabete

O 14 de novembro lémbrase, a nivel internacional, o Día Mundial da Diabete. A Federación Internacional de Diabete e a Organización Mundial da Saúde instauraron esta data no 1991 como resposta ao aumento de diagnósticos desta enfermidade. Na Galiza a Retinopatia Diabética é a primeira causa de cegueira irreversible en idade laboral, afectando a máis de 70 mil galegas e galegos.

vlcsnap-2016-11-14-17h50m08s893En Santiago a Asociación Compostelá de Diabéticos en colaboración co Instituto Ofatalmolóxico Gómez-Ulla saiu á rúa para realizar controis de Glucemia e exploracións gratuitas de fondo de ollo.

Concha Fernández, concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, sumouse ao Día Mundial da Diabete reivindicando máis sensibilidade institucional contra esta enfermidade.

A Retonopatía Diabética pode pasar inadvertida ata unha fase adiantada da enfermidade. Os síntomas máis frecuentes son visión borrosa ou con manchas, distorsión da imaxe e dificultade para ler de cerca.