O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou en rolda de prensa unha serie de iniciativas con motivo da conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz, que terá lugar o día 30 de xaneiro. Acompañaron ao edil a profesora de música do Colexio Pío XII, Adela Maroño, unha das autoras da guía didáctica de Brundibár. Ademais, estivo tamén o director da Escola Municipal de música, Fernando Rey.
Traballar coa rapazada sobre a paz
.@mdiosdiz lembrou a importancia de transmitir valores de paz https://t.co/7NBjuTRabr Compostela celebra o Día Escolar da Paz pic.twitter.com/BWi2AQZfTh
— Nós Televisión (@NosTelevision) 27 xaneiro 2017
As escolas municipais infantís, ao longo desta semana, estanse centrando en traballos pedagóxicos nas escolas de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños. O obxectivo é traballar cos nenos e nenas o tema do paz. Por outra banda, o alumnado de infantil segue a traballar coa Guía Didáctica sobre a ópera infantil Brundibár, de Hans Krasa. No día de hoxe, houbo unha presentación gratuíta da obra Goldi Libre, no Teatro Principal. A Escola Municipal tamén se une á celebración.
O edil lembrou, en rolda de prensa, a importancia de transmitir valores de paz, xa que é unha labor do conxunto da sociedade, desde institucións ás familias, pasando polos medios de comunicación, que xogan un papel fundamental na tarefa.