Home Programas Área Compostela Compostela celebra o Día da Educación Física

Compostela celebra o Día da Educación Física

0
Compostela celebra o Día da Educación Física

No Pazo de Raxoi, reivindicouse a necesidade de incluir unha hora lectiva máis de educación física nas escolas. A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou en rolda de prensa os actos para celebrar o Día da Educación Física na rúa. Esta celebración está organizada polos alumnos do segundo ciclo de TAFAD e terá lugar o martes 25 de abril na Praza da Quintana.

Unha hora máis de educación física nas escolas

Desde ás 9:15h ata as 13:30h, a Praza da Quintana acollerá un conxunto de actividades nas que participará o alumnado de sete centros educativos da cidade: Cluny, Pío XII, Xelmírez I, San Pelayo, Antón Fraguas, Raíña Fabiola e Alborada.