Compostela celebra o 70 aniversario da Declaración Universal de Dereitos Humanos

O Teatro Principal acolleu esta mañá un acto de conmemoración do 70 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Hoxe fanse 70 anos dende que se aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Co gallo do aniversario, en Compostela celebrouse un acto conmemorativo, presentado polo Concelleiro de Educación Manuel Dios e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega.

Logo da apertura e dunha actuación da Agrupación Musical do Instituto Rosalía de Castro, os membros da Corporación Municipal e diversos estudantes en representación do centros de ensino da cidade procederon a ler os 30 artigos que conforman a Declaración.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -