Compostela celebra a semana da mobilidade dende unha óptica feminista

Santiago celebrará a Semana Europea da Mobilidade do 21 de Setembro ao 10 de Outubro. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito a Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, presentou hoxe no Pazo de Raxoi as actividades que se levarán a cabo durante esta semana. Duarte explicou que este pretende ser un programa educativo e reivindicativo. O lema deste ano será “Combina, móvete, empodérate!” onde as mulleres serán as protagonistas.

- Publicidade -

O edil estivo acompañado de Faustino Gómez, presidente da asociación Composcleta, coorganizadora das activididades deste ano. Para Faustino, hai moi pouco uso da bicicleta na cidade, e asegura que o coche non é unha solución de mobilidade.

Actividades

A primeira actividade da Semana da Mobilidade será un taller de ciclismo urbano, o Venres 21 as 19:00 horas no Centro Cívico de Conxo. O Sábado será o día do Parking Day na rúa Doutor Teixeiro, e o domingo celebrarase o día da bicileta. A actividade terá o seu epicentro na avenida de Xoan Carlos I e na Alameda. O programa foi deseñado dende una óptica feminista, e haberá moitas actividades centradas na muller.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego