Home Programas Área Compostela Compostela, capital do “Café Histórico”

Compostela, capital do “Café Histórico”

0
Compostela, capital do “Café Histórico”

Rosalía de Castro, Valle-Inclán, Otero Pedrayo, Torrente Ballester… Son moitos os nomes de intelectuais que participaron ao longo da historia nas tertulias de espazos emblemáticos de Compostela coma o Derby ou o Casino. Do xoves 3 ao sábado 5 de maio, a cidade converterase na capital do “Café Histórico”, grazas ás xornadas “Os cafés, patrimonio cultural a través do tempo”.

Pasado, presente e futuro do café

Durante todo o mes de maio, a Fundación Torrente Ballester acollerá unha mostra fotográfica de Vari Caramés adicada ao prolífico escritor

Este evento xira en torno a tres eixos: o patrimonio gastronómico e hosteleiro de Galicia, o patrimonio turístico e a xestión cultural nos Cafés galegos, co obxectivo de “conectar o pasado e o presente”.

Así e todo, os organizadores do evento deron conta da creación da EHICA —Asociación Europea de Cafés Históricos—, coa que tentarán crear unha “ruta cafeteira” a través de todo o continente.