Santiago de Compostela gaña a batalla á desestacionalización. Os datos do ano 2017 amosan unha importante medranza do sector turístico, xa que a cidade superou o 1.400.000 de pernoctacións por primeira vez nun Ano non Santo.
bo comportamento dos datos turísticos: a cidade acada datos históricos
Así e todo, a estadía media na cidade tamén medrou, até situarse nunha media preta ás dúas noites. O mes que máis creceu foi novembro, acadando as 94.000 visitas e consolidando a afluencia de turistas alén do período estacional.
Medra o turismo en Compostela: a cidade superou o 1.400.000 de pernoctacións por primeira vez nun Ano non Santo. Valoración de @MLoisgonzalez pic.twitter.com/ehd9Hl9jVZ
— Nós Televisión (@NosTelevision) 15 de enero de 2018
o obxectivo do Goberno é que o sector turístico medre, pero que medre ben
A demanda internacional
O principal piar deste importante crecemento é a demanda internacional. O aeroporto acadou cifras históricas de pasaxeiros, ao tempo que na cidade o turismo de fóra do Estado supuxo máis do 50% das noites de hotel. Esta tendencia á alza débese, en gran medida, á aposta do Concello pola “internacionalización” da oferta turística.
A axenda do Concello
O Concello de Santiago participa esta semana na Feria Internacional de Turismo —FITUR— co obxectivo de “establecer conexións” con cidades importantes coma Frankfurt, Pekín ou Chicago, potenciais focos de turismo que amosaron un grande interese na capital galega.