Home Programas Área Compostela Compostela aposta polo comercio local

Compostela aposta polo comercio local

0
Compostela aposta polo comercio local

Nun mundo globalizado e tomado polo consumismo, a produción en serie e as grandes marcas, é fundamental dar pulo ao pequeno comercio. Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Santiago participa na campaña Quere o teu mercado, que tenta fidelizar os clientes da Praza de Abastos a través do sorteo de bonos desconto. Entre o 18 e o 26 de maio, calquera compra realizada no Mercado entrará no sorteo de quince bonos de 50 euros cada un, cuxos gañadores se coñecerán o vindeiro luns.

Esta é unha iniciativa impulsada a nivel internacional e presente en preto dun centenar de concellos galegos. Un dos obxectivos da campaña é fomentar o consumo de produtos frescos, de tempada e de calidade, nun espazo que é o segundo lugar máis visitado da cidade polo turismo logo da praza do Obradoiro, segundo indicou a concelleira Noa Morales.