O Concello de Santiago mantén a súa defensa dunhas Festas do Apóstolo baseadas “na muller, na migración e na música local”. O xoves 26 de xullo, o escenario da praza da Quintana acollerá o Concerto das Bandas Galegas, no que participarán Atrás Tigre, Selvática, Marem Ladson, Espejos y Diamantes e Cora Novoa, Seeking The Velvet.
O concerto comezará ás 22.00h na praza da Quintana
O evento foi presentado este luns no Pazo de Raxoi, e nel participaron Paula Vilas, de Selvática, e Pedro Solla, de Atrás Tigre. Solla agradeceu ao Goberno local a “mensaxe” que transmite con este concerto. Este espectáculo, que comezará ás 22.00 horas, está patrocinado por Coca-Cola, unha entidade que reitera a súa aposta pola “industria musical” e o “empoderamento da muller”.