Compostela acolleu un encontro de profesorado e alumnado de catalán no exterior

A cidade de Santiago acolleu estes días o quinto encontro Internacional de profesores e estudantes de catalán no exterior. O evento estivo organizado pola área de filoloxía catalá da USC, institución que forma parte da Rede de Universidades Ramón Llul.

Os estudos de catalán levan anos funcionando en Santiago

Estes encontros reciben o apoio do Instituto Ramón Llul, a institución que fomenta a difusión do catalán no ámbito universitario a nivel internacional.

Estes encontros xurdiron no ano 2012 en Hungría coa vontade de xerar espazos de relación entre profesores e estudantes de catalán. O encontro compostelán rematou coa participación do escritor Suso de Toro, o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García e o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego