Monforte de Lemos recupera, logo de 15 anos, unha das súas festas características: a Festa do viño. Concello e Denominación de Orixe organizan conxuntamente o que será o Festival do Viño da Ribeira Sacra, que terá lugar os días 14, 15 e 16 de xullo e que onte tivo a súa presentación na capital galega.
Conversamos con José Tomé, alcalde de Monforte de Lemos, e destacou que o viño forma parte da historia da propia vila e non se entendería Monforte sen unha festa dedicada a esta bebida con tanta tradición na zona.
José Tomé, alcalde de Monforte: “O turismo visita a Ribeira Sacra todo o ano”
A marca Ribeira Sacra é unha marca de prestixio internacional
José Tomé, alcalde de @MonforteLemos: “O turismo visita a Ribeira Sacra todo o ano” @ribeirasacraCT pic.twitter.com/pjeVrXnSII
— Nós Televisión (@NosTelevision) 13 de junio de 2017
Na presentación, que tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos, participou tamén José Manuel Rodríguez, Presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, quen asegurou que non se entendería a marca Ribeira Sacra, agora con sona internacional a nivel turístico, sen a presenza do viño.
14, 15 e 16 de xullo
Os stands do Festival do Viño da Ribeira Sacra estarán instalados no Paseo do Malecón, preto do rio Cabe. Concello e Consello Regulador queren dar continuidade a este Festival do Viño da Ribeira Sacra e están a realizar actividades ao longo deste mes para dar a coñecer o evento.