Home Programas Área Compostela Compostela acollerá o Mundial de Xadrez de categorías infantís

Compostela acollerá o Mundial de Xadrez de categorías infantís

0
Compostela acollerá o Mundial de Xadrez de categorías infantís

Compostela foi elexida como a sede dos mundiais Sub-8, Sub-10 e Sub-12 de xadrez no ano 2018. Esta mañá tivo lugar a presentación destes mundiais de xadrez, que se celebrarán do 3 ao 16 de novembro. Prevese unha asistencia de máis de 3.000 participantes de case 100 países de todo o mundo.

Esta mañá deuse a coñecer este campionato no Concello de Santiago nun acto no que estiveron presentes o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; as concelleiras de Turismo e Deporte, Marta Lois e Noa Morales; a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez e os presidentes das Federacións Española e Galega de xadrez, Javier Ochoa de Echagüen e Gaspar Pérez Carnero.

Estes mundiais terán lugar na Cidade da Cultura, motivo polo cal a directora xerente da mesma, Ana Isabel Vázquez, reiterou a idoneidade deste espazo para acoller estas competicións. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, destacou o enorme impacto económico que supón a celebración destes mundiais para a cidade.

As anteriores edicións destes mundiais téñense celebrado en Grecia no 2015 e en Xeorxia no 2016, sendo Brasil a elixida neste 2017 para acoller o mundial no mes de outubro.