Compostela acollerá a Feira Caravaning Compostela, que se celebrará os días 19, 20 e 21 de maio na praza de Europa e nalgunhas zonas dos corredores de Área Central. A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou en rolda de prensa a IV edición desta feira, que ten a finalidade de promocionar a práctica do cámping e do caravaning.
“Esta feira quere promocionar a práctica do cámping e o caravaning”
Nesta nova edición da Feira Caravaning Compostela, as empresas que repiten a súa presenza serán Yakart Centro Caravaning, Galicia Caravaning, Caracol Park e Caravanas Mallón. Ademais, nesta edición súmase por primeira vez Caravanas Costa da Morte.
.@Area_Central acollerá do 19 ao 21 de maio unha nova edición da Feira Caravaning Compostela https://t.co/S1xOmD1OhA pic.twitter.com/pSH8vaduUe
— Nós Televisión (@NosTelevision) 10 maio 2017