Home Programas Espazo Aberto Compostela acollerá a carreira de obstáculos máis épica

Compostela acollerá a carreira de obstáculos máis épica

0
Compostela acollerá a carreira de obstáculos máis épica

Esforzo, espectáculo e participación son algunhas das características das probas de OCR (Obstacle Course Racing) que naceron como tal a finais dos 80 en Inglaterra. En Galicia existe un circuito estable en Allariz, promovido pola asociación sen ánimo de lucro OCR desa localidade. Desde esta entidade xurdiu a idea de organizar “O Camiño Race” coa intención de aspirar a ter unha grande repercusión a nivel europeo.

A proba presentouse na Cidade da Cultura coa presenza do seu director, Manuel Blanco Fernández, un profesional cunha dilatada experiencia deportiva que leva varios anos as carreiras de obstáculos de Galicia en Allariz, acompañado polo actual campión de España da especialidade, Damián Espasandín, e o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete.

“O Camiño Race” constará de catro probas: infantil, diversidade funcional, adultos medium e adultos pro. As inscricións poden facer a través das páxinas web championchipnorte.com ou ocraesp.