A andaina dos 50 Km achéganos unha ocasión única para percorrer paisaxes de gran beleza no entorno de Compostela.
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá os detalles da XIV Andaina dos 50 Km da nosa cidade.
O representante do Club Deportivo Fontiñas, Iñaki Bilbao, lembrounos o número de inscritos da andaina do ano pasado e salientou que probablemente será superado na andaina deste ano.
Noa Morales presentou esta mañá os detalles da XIV Andaina dos 50 Km da nosa cidade https://t.co/kUFhOXjHI2 pic.twitter.com/l9wcj6mUpS
— Nós Televisión (@NosTelevision) 27 abril 2017
O representante do Club Deportivo Fontiñas, Iñaki Bilbao, agarda un aumento de participación na andaina https://t.co/kUFhOXjHI2 pic.twitter.com/Hnbv8psop6
— Nós Televisión (@NosTelevision) 27 abril 2017
Ao longo do percorrido, haberá diversos puntos de avituallamento de bebida, froita e froitos secos cada 10 km, e nos quilómetros 20 e 30 tamén haberá bocadillos. Os participantes poden completar o percorrido ou ben abandonalo en calquera punto intermedio, no que estarán previstos medios de recollida e traslado.