Home Programas Espazo Aberto Compostela acolle o Galicia Escena Pro do 11 ao 14 de xuño

Compostela acolle o Galicia Escena Pro do 11 ao 14 de xuño

0
Compostela acolle o Galicia Escena Pro do 11 ao 14 de xuño

Entre os días 11 e 14 de xuño, Santiago de Compostela albergará a sexta edición do Galicia Escena Pro, un festival de artes escénicas que “toma o pulso” á actividade do sector no país. O evento preséntase como un “punto de encontro profesional” que tenta “dinamizar” estas artes e aumentar a súa “proxección social”.

A principal novidade deste ano, alén dunha forte aposta pola danza, é a presenza de dúas compañías madrileñas. En calquera caso, as diferentes funcións representaranse en catro escenarios emblemáticos da capital galega: o Teatro Principal, o Salón Teatro, a Fundación SGAE e o Auditorio Abanca.