Compostela acolle esta fin de semana a obra de Ibuprofeno Teatro “Casa O’Rei”

Celebraranse dúas funcións o venres 6 e o sábado 7 no Teatro Principal, ambas ás 20.30h

A compañía Ibuprofeno Teatro presenta en Compostela a obra coa que pecha a súa “triloxía gastronómica”, Casa O’Rei.

O argumento ten como figura principal a Manolo Rei, home vello e enfermo, que convida a un cocido á súa familia familia, desta vez para repartir a Casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo novo, acedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte pre-conxelada e adobada con fel. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as receitas da súa vida.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Entradas a 12 euros

Celebraranse dúas funcións no Teatro Principal, o venres 6 e o sábado 7, ambas a partires das 20.30 horas. As entradas terán un prezo xeral de 12 euros cos habituais descontos do 50%, e poderán mercarse a través do portal entradas.abanca.com e nas billteiras do Principal.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -