Home Programas Área Compostela Compostela acolle en agosto un ciclo de cinema clásico ao aire libre

Compostela acolle en agosto un ciclo de cinema clásico ao aire libre

0
Compostela acolle en agosto un ciclo de cinema clásico ao aire libre

O branco e negro volve copar a “gran pantalla” en Compostela. Dende mañá, tódolos venres e sábados de agosto desenvolverase no parque de Bonaval un ciclo de cinema ao aire libre que amosará moitos dos grandes clásicos da “séptima arte”. Este programa aposta polos filmes de intriga e suspense.

Directores coma Kurosawa, Lang ou Wilder toman o protagonismo

Algúns dos títulos máis salientados da escena internacional entre 1931 e 1963 poderanse rememorar neste ciclo. Figuras como Akira Kurosawa, Fritz Lang ou Billy Wilder toman o protagonismo coas súas películas O inferno do odio, O vampiro de Dusseldorf e Perdición respectivamente.

https://www.youtube.com/watch?v=2sKo4SzypKo

As películas comezarán cada noite ás 21.30 horas en Bonaval, mais, en caso de choiva, trasladaríase o espectáculo ao Teatro Principal. Esta actividade, froito dunha proposta dos orzamentos participativos, é de acceso gratuíto para a cidadanía.