A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou en rolda de prensa o Observatorio Municipal de Igualdade de Xénero, unha aposta pioneira en Galiza neste eido.
Con este observatorio o Concello quere visibilizar as fendas de xénero que existen no municipio. Tras unha diagnose, poderanse deseñar políticas públicas activas en materia de igualdade en función de cada situación específica.
A concelleira de de Igualdade, @MLoisgonzalez (@CompostelaTM) presentou o Observatorio Municipal de Igualdade https://t.co/Ny40l1rzFH pic.twitter.com/4LJKb5cDKT
— Nós Televisión (@NosTelevision) 19 abril 2017
Segundo os datos recollidos neste Observatorio, o número de denuncias por violencia de xénero no partido xudicial de Compostela chegou ás 700 nos últimos tres anos. Así mesmo, detectouse que as condicións laborais son máis precarias para as mulleres, que son as que adoitan ter contratos a tempo parcial e contratacións temporais. Ademais, hai un paro maior entre as mulleres con estudos superiores con respecto aos homes que tamén contan con eles.