Desde @compostelaberta propoñen un “Pacto Nacional para o Monte Galego” https://t.co/LezYqPNunY #LumesNuncaMais pic.twitter.com/VHRHRrsikA
— Nós Televisión (@NosTelevision) October 19, 2017
A recente vaga de lumes en todo o noso territorio segue a ter repercusión política mesmo a nivel local. Compostela Aberta presenta no Pleno ordinario do concello de Santiago unha moción para instar á á Xunta de Galicia a impulsar un gran “Pacto Nacional para o Monte Galego”, que sexa acordado con todos os axentes implicados. Explicouno en rolda de prensa o concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro.
O concelleiro denunciou que hai empresas que se benefician desta situación cando os lumes “pagámolos todos”. O propio edil sinalou que a Xunta está incumprindo o seu propio plan “porque o Plan Forestal de Galicia 1992-2032 prevía a plantación de 250.000 hectáreas de eucalíptos e hoxe, cando aínda faltan 15 anos para o remate do plan, xa nos achegamos ao medio millón”.