Home Programas Área Compostela Compostela Aberta insiste na limitación dos pisos turísticos: “Non imos mudar a nosa posición”

Compostela Aberta insiste na limitación dos pisos turísticos: “Non imos mudar a nosa posición”

0
Compostela Aberta insiste na limitación dos pisos turísticos: “Non imos mudar a nosa posición”

“Non imos baleirar a autonomía local”. Así de contundente foi o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, na defensa de regular o uso de pisos turísticos na cidade. A posición contraria da oposición no pleno municipal forzou a retirada deste punto e o inicio de contactos por parte do goberno municipal para tratar a modificación puntual do Plan Especial do casco histórico.

O Concello debe participar na regulación dos pisos turísticos, como o fai en calquera actividade económica. Non imos mirar para outro lado mentres a Xunta decide

A iniciativa no Pleno de retirar este asunto partiu do BNG que presentara unha enmenda que foi valorada negativamente polos servizos xurídicos municipais. O PP tivo en todo momento a postura de que a normativa só debería tratar os hoteis e apartamentos turísticos, deixando de lado os pisos turísticos.

O papel da Xunta

“O concello ten que colaborar coa Xunta” sinalou o alcalde que insistiu na necesidade de regular todas as formulas habitacionais dedicadas ao turismo, “neste sector hai unha tipoloxía diversa: hoteis, pequenos propietarios,… mais hai que regulalo”.

Noriega considera que tratar de xeito diferente aos pisos turísticos que a outros sectores sería “discriminatorio”. O goberno municipal é consciente de que a prohibición de novos usos hostaleiros remata o 25 de novembro polo que pensa levar este tema ao vindeiro pleno municipal.