Home Programas Área Compostela “Compostela Aberta está consolidada na cidade e chegou para quedarse”

“Compostela Aberta está consolidada na cidade e chegou para quedarse”

0
“Compostela Aberta está consolidada na cidade e chegou para quedarse”

O grupo de goberno convidou esta mañá aos medios de comunicación a un almorzo informativo, que se celebrou no Café Airas Nunes este mércores. Neste encontro, o alcalde, Martiño Noriega, fixo un balance positivo das actuacións que levou a cabo Compostela Aberta no 2017, e asegurou que o seu equipo afronta o novo ano con “moi boas expectativas”.

De novo… candidato?

O propio Noriega avanzou que xa trasladou ao grupo de Compostela Aberta que fará a “reflexión” sobre o seu futuro o próximo verán.

Un desexo para o Nadal

O alcalde pide para 2018 que Fomento cumpra os “compromisos adquiridos”

Cuestionado acerca de que agasallos pedirá este Nadal, o alcalde amosou o seu desexo de que se vexan cumpridos os diferentes compromisos que asinou o Ministerio de Fomento coa cidade.