O Concello de Compostela sacará adiante as ordenanzas fiscais ao contar, canto menos, co voto a favor do PSOE e Compostela Aberta. A concelleira de Facenda, Marta Abal, daba conta do acordo nunha rolda de prensa neste acordo que contará con bonificacións co obxetivo, segundo Abal, de “consolidar emprego de calidade” no municipio.
Deste xeito, contémplase a rebaixa do tipo de gravame aplicable aos bens de natureza rústica, que pasa do 0,51 ao 0,48 e o aumento do tipo de gravame para os maiores valores catastrais de uso non residencial. Tamén se bonifica a industria da biotecnoloxía e da madeira: serán do 95% pola creación de máis de 10 postos de traballo e do 65% pola creación de ata 10 postos de traballo. O beneficio aplicarase durante os cinco exercicios seguintes ao inicio da actividade ou ampliación das instalacións. Os beneficios fiscais por
incremento de postos de traballo indefinidos soben ata o 50% no caso dun incremento do persoal que supere o 20% e inclue bonificacións ligadas a cuestións medioambientais, cun máximo dun 50% para as empresas que utilicen enerxías renovables. Dende Compostela Aberta amosan a súa satisfacción pola inclusión destas medidas na ordenanza.