A presenza en Santiago do autobus da entidade ultraconservadora Hazte Oír continúa a causar rexeitamento. Hoxe tivo lugar unha concentración na que participaron colectivos e formacións políticas. A voceira do Grupo Municipal de Compostela Aberta, Marta Lois, anunciou no Pazo de Raxoi que presentarán unha moción no vindeiro pleno da corporación o día 18 de maio “en apoio ás persoas con diversidade sexual e de rexeitamento da transfobia”.
O portavoz do grupo municipal do BNG en Raxoi, Rubén Cela, expresou tamén en rolda de prensa a repulsa da súa formación á presenza do bus de Hazte Oír nas rúas de Compostela.
O goberno municipal de Santiago tivo coñecemento o mesmo día 4 de maio da chegada do autobús e, segundo informou Marta Lois, denegouselle o permiso para acceder á Praza do Obradoiro, así como a parada no Parlamento. Ademais, solicitaron unha entrevista co alcalde de Santiago que tamén foi denegada.
.@martinhonoriega amosou o seu rexeitamento ante a presenza do #HOBus e o seu apoio ante a resposta organizada https://t.co/hx4tHjQFwi pic.twitter.com/xN0KtaZ7eV
— Nós Televisión (@NosTelevision) 05 maio 2017
O voceiro local de @obloque, @rubencela, tamén amosou o seu total rexeitamento ante as mensaxes de odio do #HOBus https://t.co/hx4tHjQFwi pic.twitter.com/YDNnMokpTu
— Nós Televisión (@NosTelevision) 05 maio 2017
Centos de veciñas e veciños xa se mobilizaron na tarde de onte na Praza oito de marzo para denunciar a presenza do autobús do odio. As cámaras de Galizacontrainfo estiveron ala para dar conta da importante resposta do activismo compostelán.