Compostela Aberta clama contra o “despropósito” do Supremo e considera que a decisión de Pedro Sánchez é “insuficiente”

O grupo municipal de CA presenta unha moción para que o Pleno amose o seu rexeitamento á decisión do Tribunal Supremo de deixar sen efecto a sentenza sobre o imposto das hipotecas

Esta mañá, Compostela Aberta presentaba o seu posicionamento con respecto á situación actual das hipotecas. A comezos desta semana, o mesmo Tribunal anulaba o fallo da sentencia a favor dos clientes, segundo a cal serían as entidades bancarias as responsables de abonar o Imposto sobre Actos Xurídicos Documentados. A representante do grupo, María Rozas, acuña que o Tribunal carece das competencias legais para deixar sen efecto unha sentencia xa resolta, algo que só pode pasar se así está contemplado na Lei.

Desde CA recalcan que os obxectivos desta decisión están subordinados aos intereses bancarios antes que ao dereito das persoas de ter acceso a unha vivenda, e que xustificar a decisión por “unha suposta enorme repercusión social” é contradictorio por non ter en conta tamén o “claramente benificiosa” que é para a maioría da sociedade.

O novo decreto-lei é insuficiente […] o que cómpre agora é devolver o cobrado ás familiar

En relación ao futuro dos clientes, como xa conversaramos a comezos de semana coa Unión de Consumidores de Galicia (que se amosa a favor de explorar a posibilidade de reembolso), Compostela Aberta deixa claro que mudando a legalidade, apostan pola devolución do cobrado. Deste xeito, o grupo de Goberno únese ás voces que a nivel estatal contemplan esta opción, entre as que destaca o grupo confederal de Unidos Podemos.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego