Home Programas Área Compostela Compostela Aberta aposta pola “recuperación do espazo público”

Compostela Aberta aposta pola “recuperación do espazo público”

0
Compostela Aberta aposta pola “recuperación do espazo público”

“A humanización da cidade” é o cuarto dos 13 retos cos que Compostela Aberta se presenta ás eleccións. Nunha rolda de prensa, o alcalde e candidato a recuncar no cargo, Martiño Noriega, xunto os concelleiros Rafael Peña e Jorge Duarte, desenvolveron este punto no que centran o seu modelo de cidade.

Noriega lembrou as actuacións de reurbanización da Avenida de Vilagarcía e de Montero Ríos, a instalación do ascensor de Triacastela e a reforma de Castrón Douro. De cara a seguinte lexislatura, proponse sentar “as bases da cidade do futuro, baixo a premisa de que Compostela se faga á medida das persoas e non nin dos vehículos nin dos intereses das promotoras”. No concreto, as propostas para humanizar Compostela céntranse en dous eixos: o sur, polo viario Clara Campoamor, e o norte, dende Xoán XIII.

Dende Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafa Peña chamou á “recuperación do espazo público” e destacou o Plan Vite e o Plan Ensanche. Neste segundo, recóllese a conversión do vello colexio Peleteiro. Dende a concellería de Obras, Jorge Duarte destacou os barrios de Conxo, Fontiñas, Romaño e Sar como puntos territoriais nos que pensan afrontar “importantes actuacións” para “acometer obras” que melloren “notablemente a vida da veciñanza”.