A compostaxe, un xogo de cooperación e civismo

Soa o timbre que indica a pausa para saír ao patio e os nenos e nenas do CEIP de Vite non collen o balón e a corda, senón as carapas dos plátanos e laranxas que veñen de merendar. O estudantado deste colexio practica, dende o mes de outubro, a compostaxe colectiva. O obxectivo desta iniciativa é ensinar ás alumnas e alumnos os valores do civismo e a cooperación.

O Concello pretende fomentar progresivamente a compostaxe nas demais escolas públicas de Compostela

O compost producido nos dous contedores deste centro, xerado a partires dos residuos orgánicos que xera o estudantado, empregarase posteriormente para construír unha pequena “horta vertical” nun dos muros do patio. Emporiso, téntase que os máis cativos aprendan a lección de ciencias dun xeito máis dinámico e divertido, ao tempo que toman conciencia sobre a importancia de coidar o planeta.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Debido ao éxito deste proxecto, tanto no colexio de Vite coma nos outros seis centros escolares da cidade nos que tamén se produce, o Concello pretende fomentar progresivamente a compostaxe nas demais escolas públicas de Compostela.

Máis de cen familias practican a compostaxe en Compostela: unha aposta de futuro

Veciñas e veciños participantes queren exportar o proxecto piloto ao conxunto da cidade

Ademais, cómpre lembrar que existe unha forte aposta municipal por exportar o modelo da compostaxeao resto da sociedade. De feito, o programa piloto de illas de compostaxe en Compostela comezou en abril coa apertura das instalacións de Galeras, Santa Marta e Salgueiriños e do que participan 116 familias sumáronse xa a esta iniciativa que pretende diminuír considerablemente as emisións de gases contaminantes provocadas polo lixo
.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -