A Deputación da Coruña pon en marcha un proxecto de dinámica de traballo colaborativo para realizar unha diagnose e un plan de acción das políticas de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención da violencia de xénero na provincia
Compartimos Plan
Compartimos Plan é a estratexia para elaborar, de maneira participativa, un estudo de diagnose e plan de acción das políticas de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención da violencia de xénero na provincia da Coruña