O ensaísta e economista galego Albino Prada busca en ‘Crítica do hipercapitalismo dixital’ abrir un espazo de soberanía europea sobre o hipercapitalismo dixital e, para chegar ata aí, analiza con coidado o actual modelo económico baseado na globalización e a dixitalización. Por iso, a primeira pregunta xira arredor de como xoga con nós o hipercapitalismo dixital.

Os grandes grupos de investimento global, as empresas que lideran os servizos, a publicade ou a distribución, xunto a xigantes da informática, conforman un mundo á súa medida. Xéranse novos produtos, novos modelos de negocio que impoñen procesos dixitalizados. A utopía dixital, a automatización, os infomonopolios, a intelixencia artificial ou a posdemocracia son algúns dos termos que nos mostra Albino Prada na obra ‘Crítica do hipercapitalismo dixital‘ que presentou recentemente na cidade da Coruña.

 

 

- Publicidade -