Home Espazo Aberto Lingua Como evoluciona a nosa lingua? O novo Corga supera xa os 40 millóns de palabras coas que dar respostas

Como evoluciona a nosa lingua? O novo Corga supera xa os 40 millóns de palabras coas que dar respostas

0
Como evoluciona a nosa lingua? O novo Corga supera xa os 40 millóns de palabras coas que dar respostas

O secretario xeral de Política Lingüística presentaba este luns no Pazo de San Roque, en Compostela, a nova versión do Corpus Documental do Galego Actual (CORGA 3.2), unha ferramenta lingüística en liña que desenvolve o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

A nova versión desta ferramenta pensada para favorecer a incorporación do galego ás TIC supera os 40 millóns de palabras e inclúe 25 horas de transcricións ortográficas de programas de radio nas que se aliñan texto e voz. Deste xeito, permite saber “como o galego se vai adaptando aos tempos”, subliña Valentín García “por exemplo, coa chegada da linguaxe inclusiva ou a utilización dos xéneros”.

As principais novidades que mostra fronte a versión anterior son a visualización da información recuperada en forma de expresións coincidentes, de xeito que os resultados iguais se reduzan a un, xunto a presentación de listaxes personalizadas relativas a formas, etiquetas, lemas e hiperlemas mediante os parámetros lingüísticos e clasificatorios dispoñibles no sistema.