As bailadoras e bailadores teñen dúas opcións: reproducir o mesmo xeito de bailar de hai anos ou adaptalo aos nosos días. Ao estudar o baile tradicional galego preguntámonos se este realmente está a evolucionar cos tempos. Pero para poder responder a iso antes hai que entender o significado da palabra “tradición”.

Estas entrevistas forman parte dunha reportaxe sobre o baile tradicional galego. Na primeira parte preguntabamonos se existían os machismos no baile. Nesta segunda parte afondamos sobre a tradición da man dos protagonistas da reportaxe.

- Publicidade -