Home Programas Área Compostela Comezan as xornadas sobre as Irmandades da Fala en Compostela

Comezan as xornadas sobre as Irmandades da Fala en Compostela

0
Comezan as xornadas sobre as Irmandades da Fala en Compostela

As xornadas continuarán os vindeiros días 22 de outubro e 21, 22, 23, 24 e 25 de novembro. Para o sábado día 22 de outubro está prevista a realización dun roteiro polos lugares onde moraron ou realizaron actividades membros das Irmandades da Fala.

As xornadas organizadas pola Asociación Cultural O Galo ao redor das “As Irmandades da Fala en Compostela”, comezaron o pasado día 13 de outubro na Facultade de Filosofía da USC (Praza de Mazarelos) coas conferencias de Emilio Xosé Ínsua, María Pilar García Negro e Francisco Rodríguez. Ínsua realizou un perfil sociopolítico de Antón Vilar Ponte, fundador das Irmandades da Fala.

A profesora da Universidade da Coruña María Pilar García Negro, introduciu o ideario político social dunha das figuras aínda pouco coñecidas das Irmandades: Ramón Vilar Ponte. O profesor Francisco Rodríguez explicou a vixencia do ideario das Irmandades da Fala no actual contexto social.