Comezan os paros do persoal da CRTVG con grande éxito

O Comité Intercentros califica de éxitosa a primeira xornada de folga na CRTVG. Segundo as súas propias fontes o seguimento chegou ao 80%

Os traballadores da CRTVG comezaron na mañá de hoxe os paros parciais para visivilizar as súas demandas dun medio politicamente independente e libre de manipulación. Deste xeito, o Comité Intercentros da CRTVG convocou xornadas de protestas durante seis días máis para combater a “manipulación” e “dependencia política” do ente público.

As traballadoras e traballadores continúan esixindo unha maior inversión, recuperar a produción propia e denuncian que se chegou a externalizar unha parte dos informativos. Deste xeito, Raimundo Méndez, representante do Comité Intercentros, explicábanos hoxe que hai un grave problema de externalización dos medios, algo prohibido acorde á Lei 9/2011 de Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galicia. A día de hoxe, dos directos informativos do canle público galego encárganse produtores de fóra, feito polo que xa se interpuxo unha demanda por parte do Comité.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Servizos mínimos

A emisión estase a ver afectada polo “número abusivo de servizos mínimos”. En televisión, non foi posible levar a cabo a emisión dun dos programas máis populares, A Revista, e en cambio, a cadea está emitindo programas atemporais como especial da boda da filla de Amancio Ortega, que xa se emitiu onte, ou, a un mes escaso de Nadal, un programa de chiringuitos de praia.

Así é, o Comité intrecentros ten prevista unha reunión coa dirección da empresa este xoves para tentar chegar a algún acordo. Caso de que non fose así continuarían as mobilizacións.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -