Home Programas Espazo Aberto Comezan as Festas de María Pita co pregón de Fernando Romay

Comezan as Festas de María Pita co pregón de Fernando Romay

0
Comezan as Festas de María Pita co pregón de Fernando Romay
Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña con Fernando Romay, pregoeiro das festas  
© Concello da Coruña

A cidade da Coruña está en festas. As de María Pita están entre as festas de maior duración de todo o país e abríronse onte día 1 de agosto cun emotivo pregón a cargo do xogador de baloncesto Fernando Romay quen, xunto ao alcalde Xulio Ferreiro, foron os encargados de dar inicio á celebración.

Desde o balcón do concello, no discurso de presentación do pregoeiro das Festas de María Pita 2017, o rexedor asegurou que “toda a poboación ten dereito a estas festas, porque a felicidade, precisamente, tamén é un dereito“. Polo seu lado Fernando Romay, nun discurso cargado de referencias á cidade, tirou de sentimento e lembranzas ao falar no seu pregón da súas vivencias na Coruña e aledarse de que aquel lugar da súa nenez se enchera “de cambios que a converteron nunha cidade grande, pero tamén nunha gran cidade“.

Festas abertas, plurais e participativas

Xa están aquí as Festas de María Pita

As Festas de María Pita 2017 contan cun grande abano de actividades e eventos para todos os públicos. Este mesmo mes, coinciden, ademais, a batalla naval, o Festival Noroeste Estrella Galicia e Viñetas desde o Atlántico. Os concertos, se cadra, son a actividades que máis chaman a atención e este ano tampouco será unha excepción.

Se onte abriu as festas Xoel, pola Coruña tamén pasarán Sés, Jarabe de Palo, Macaco, Rosa Cedrón xunto ás Filharmonia de Galiza e Miguel Bosé que actuarán no escenario da praza do Concello.

Consulta o programa

As festas nos barrios terán lugar do 14 ao 27 de agosto e para os máis “clásicos” están previstas actuacións coma a do Coro Xoven da Sinfónica o martes 15 e a Orquestra de Cámara Galega, a Orquestra xoven de la OSG que tocará o día 19.

Que se pode ver, escoitar e gozar nas Festas de María Pita?