Comeza a XVII Campaña Municipal de Animación á Lectura con record de participación

Máis de 10.000 rapazas e rapaces participarán na XVII Campaña Municipal de Animación á Lectura

A campaña municipal de animación á lectura cumpre 17 anos animando a achegarse ao mundo dos libros a alumnos e alumnas dos colexios de Santiago. Como noutras edicións a inauguración desta actividade realizouse na Galería Sargadelos da capital e nela participaron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, representante de Correos, da Fundación Sargadelos, da Editorial Kalandraka e da corporación municipal.

Os gañadores do IX Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, convocado ano a ano polo Departamento de Educación e Cidadanía foron os gregos Antonis Papatheodoukou e Iris Samartzi, coa obra “Unha última carta” polo que a súa temática protagoniza parte das actividades.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O número de inscricións superou todas as espectativas e a día de hoxe hai máis de 10.000 escolares das escolas infantís e dos centros de educación infantil e primaria de Santiago que participarán na campaña deste ano.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -