Comeza a súa andaina o Centro Xove de Compostela

A concelleira de Mocidade, Noa Morales, visitou esta mañá a nave do Centro Xove da Almáciga, previo á inauguración que terá lugar esta tarde coa presenza do alcalde, Martiño Noriega.

Unha “reclamación histórica” da mocidade compostelá

No Centro Xove terán lugar durante este mes e o vindeiro nove cursos formativos de 12 horas de duración sobre diferentes temas para a mocidade de entre 16 e 35 anos como: oratoria, escritura creativa, expresión corporal, técnica vocal, batería moderna, zentangle, ilustración, percusión africana, iniciación á escultura, monográfico sobre a historia do rock e catro masterclass de guitarra eléctrica, española, teclado e canto.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O Centro Xove é un proxecto que vén de lonxe e que foi financiado con fondos europeos FEDER vinculados ao programa Urbana Santiago Norte.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -