Na segunda fase dos Orzamentos participativos, poderán ser validadas pola veciñanza máis de 280 propostas. A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, informou en rolda de prensa dos resultados da primeira fase do proceso de Orzamentos Participativos 2018, que finalizou o pasado venres.

A edil salientou que en total foron presentadas 371 propostas, das cales son válidas 283, que agora deberán ser validadas nunha segunda fase que rematará o 31 de xullo. Así mesmo, María Rozas explicou os motivos do rexeitamento dalgunhas das propostas.
María Rozas: “As propostas no eido municipal están relacionadas sobre todo con deportes e creación de espazos verdes así como con demandas de mobiliario urbano”
- Máis información: Os Orzamentos participativos crecen un 36% este ano
Fase de apoio e validación das propostas
Como novidade deste ano, estará aberta unha fase de apoio e validación das propostas ata o 31 de xullo, fase da que sairán un total de 20 propostas por cada unha das áreas ata sumar 140 propostas.